banner

¿Qué é o índice da calidade do aire(ICA)?

Coa fin de informar dun xeito sinxelo sobre a calidade do aire nas principais cidades galegas, elaborouse un índice de calidade do aire (ICA) que pondera os contaminantes medidos nas estacións urbanas (Dióxido de xofre, Dióxido de Nitróxeno e Óxidos de Nitróxeno, Monóxido de Carbono, Partículas e Ozono), asignando a cada cidade o valor do índice máis desfavorable.

Os parámetros que se amosan son os seguintes para cada cidade:

  • ICA onte: é o índice de calidade do aire do día de onte. Clasifícase en Excelente, Boa, Mellorable e Mala. Reflicte, por tanto, a situación da calidade do aire nas 24 horas do día anterior.
  • Contaminante Responsable: amosa, en caso de que a calidade do aire sexa mellorable ou mala, o contaminante responsable desa situación de contaminación do aire.
  • ICA hoxe: é a evolución do índice de calidade do aire de hoxe (actualizado cada hora) fronte ó ICA onte. O ICA hoxe pode mellorar, manterse ou empeorar.
ICA excelenteExcelente  ICA boBo  ICA mellorableMellorable  ICA maloMalo 

¿Por qué se utiliza un índice?

Para cumprir os requisitos que derívanse da lexislación sobre a liberdade de acceso á información en materia de medio ambiente, sobre a contaminación atmosférica por ozono, sobre a avaliación e xestión da calidade do aire ambiente e sobre os valores límite de contaminantes atmosféricos, SO2, NO2, NOx, partículas, O3 os responsables das redes de vixilancia plantéxanse cal é o mellor método para informar ó público acerca dos niveis de concentración dos distintos contaminantes e da calidade do aire que estos niveles implican, así como cal é a vía mais efectiva para canalizar esta información.

Actualmente, o método mais utilizado é a difusión desta información por internet mediante índices de calidade do aire.

¿Como calculamos ó Índice de Calidade do Aire?

O ICA é un valor adimensional (non ten unidades) que está calculado a partir dos máximos rexistrados de cada contaminante e estación en cada cidade, multiplicado por un factor extraído da lexislación vixente. Este valor compárase cunha escala cuantitiva de 0 a 150 (a mellor, 0, e peor condición, 150, respectivamente), que vaise finalmente traducir nun código de colores fácilmente interpretable polos cidadáns.

O ICA está determinado polas peores condicións posibles, de tal xeito que si o índice nunca cidade é excelente, esto quere amosar que as concentracións máis altas dos contaminantes foron moi baixas. Cando o ICA presenta a condición "mellorable" é cando se ha superado un valor límite lexislado.