A Rede Galega de Control da Calidade do Aire está composta por estacións urbanas, de titularidade a Xunta de Galicia e por estacións industriais, de titularidade das empresas, que por mor das súas Autorizacións Ambientais Integradas, teñen a obriga de controlar a calidade do aire do seu entorno. Non obstante, compre ter en conta que os datos medidos non corresponden unicamente ás emisións destas empresas, senón que participan tamén as demais industrias do entorno, o tráfico, e fenómenos coma a contaminación transfronteriza.
As industrias manteñen as estacións e validan os seus datos, que se reciben a tempo real no LMAG, e validados a mes vencido. Os datos emitidos polas estacións urbanas da Xunta de Galicia, se reciben a tempo real no LMAG e se poden consultar nesta web. Estes datos son validados no LMAG por un técnico especialista. A validación dos datos consiste en revisar os datos e invalidar os correspondentes a calibracións, verificacións e mantementos dos equipos, así coma os emitidos por analizadores avariados.
Nestes informes, realizados cos datos validados, se mostran as medias mensuais por contaminante, e as superacións dos valores límite lexislados. Si se desexan datos de datas anteriores ás mostradas, poden poñerse en contacto co LMAG.
| Informes Mensuais | |||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Ano | Xaneiro | Febreiro | Marzo | Abril | Maio | Xuño | Xullo | Agosto | Setembro | Outubro | Novembro | Decembro | Acumulado |
| 2009 |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
| 2010 |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
| 2011 |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
| 2012 | |||||||||||||
Os informes anuais da Calidade do Aire de Galicia amosan unha avaliación que se realiza en función das zonas e aglomeracións en que está delimitado o noso territorio, atendendo á calidade de aire en cada zona, de comportamento homoxéneo no tocante á dispersión de contaminantes atmosféricos.
Cada unha das zonas se avalía a lo menos con unha estación, que forman a chamada Rede Oficial de Vixilancia da Calidade do Aire de Galicia. Estas estacións deben cumprir os criterios de macro e micro implantación para a protección da saúde humana establecidos no RD 102/2011. Nas zonas onde non existen estacións a avaliación realizase pola modelización do CIEMAT.
| Informes Anuais | ||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
