Se a tendencia do ICA evoluciona hacia
"malo", indica, para o contaminante que aparece
reseñado, que se rebasou algún dos valores de referencia
establecidos para a protección da saúde.
E...¿qué fago?
A poboación, especialmente os grupos máis
sensibles: persoas maiores, nenos, persoas asmáticas e con
problemas no sistema respiratorio, deben reducir -dentro do posible- a
actividade física no exterior e o tempo de permanencia ao aire
libre.
Recoméndase evitar que os nenos prolonguen os seus
xogos ao aire libre durante demasiado tempo.
Manterse informado da evolución dos niveis.
Caso do Ozono
Aconsellable limitar a realización de esforzos físicos prolongados ao aire libre. Esta recomendación é especialmente indicada para as persoas pertencentes ós grupos de poboación consideradas sensibles.
Recomendado evitar que os nenos prolonguen os seus xogos ao aire libre
En caso de alerxia evitar o contacto co po e o polen
Si se é asmático ou se sofre de problemas respiratorios o ozono pode agravar os síntomas. Evite estar longos períodos de tempo ó aire libre
¿Podo facer algo para axudar a mellorar a
situación?
Limite o uso do seu vehículo aos desplazamentos
imprescindibles e evite as horas punta. Utilice o transporte
público.
Sempre que sexa posible, reposte combustible a últimas
horas da tarde ou pola noite.
Os cidadás podemos axudar a que estas situacións
episódicas non se produzan empregando de forma racional a
enerxía eléctrica tanto na casa coma no traballo.