Dende o mes de marzo do ano 2009 a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da Xunta de Galicia dispón dunha moderna unidade móbil Auto Propulsada e unha unidade móbil portátil de control da inmisión que reemplazan as anteriores unidades móbiles que a partir destos momentos se reconvirten en unidades fixas en zonas rurais de Galicia.
As novas unidades móbiles permiten o desprazamento das mesmas con maior rapidez que coas anteriores e a lugares e zonas de maior dificultade orográfica e con menores necesidades para a súa instalación e ubicación.
As dúas unidades incorporan sensores automáticos que miden en continuo e con resposta a tempo real os seguintes parámetros: SO2, NO, NO2, NOx, CO, O3, partículas en suspensión PM10, PM2,5 e PM1, así como diversos parámetros meteorolóxicos: temperatura, dirección de vento, velocidade de vento, pluviosidade, presión atmosfórica, humidade relativa e radiación solar.
A unidade móbil auto propulsada ademais dispón doutros equipos dos idicados anteriormente, Cromatográfo de Gases e un recolector de partículas para a súa posterior análise
Estas estacións contan cun sistema de adquisición de datos que recolle, xestiona e transmite a información ó Centro de Proceso de Datos (CPD), informando a tempo real na páxina web da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible e están preparadas para responder ante calquera evento de contaminación atmosférica na nosa comunidade autónoma.
Os equipos utilizados e os seus límites de detección, así como os métodos automáticos e técnicas de análise de contaminantes en inmisión, inclúense no seguinte cadro:
| Contaminante | Método | Límite de detección |
|---|---|---|
| SO2/ SH2 | Fluorescencia Ultravioleta | 3 µg/m3N / 2 µg/m3N |
| NO/NO2/NOx | Quimiluminiscencia | 2 µg/m3N |
| CO | Infravermello non dispersivo | 0,1 mg/m3N |
| O3 | Fotometría ultravioleta | 2 µg/m3N |
| PM10/PM2,5/PM1 | Gravimetría/Scattering | - |
| COVs (Compostos Orgánicos Volátiles) | Cromatografía de gases | - |
Ademais destes métodos automáticos, disponse de métodos de captación para a medida posterior no laboratorio de metais pesados e hidrocarburos policíclicos aromáticos (PAHs) en aire ambiente.
